Pasar al contenido principal
+ Música en Pontevedra

+ Música en Pontevedra

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa +Música co fin de apoiar a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra

A finalidade do Programa +Música é contribuír á programación cultural dos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, a través da posta a disposición de actuacións musicais profesionais de grupos inscritos no Catálogo de grupos +Música, co obxectivo de contribuír na difusión e o fomento da cultura galega, promovendo a reputación da nosa provincia como destino cultural.

Os concellos destinatarios poderán solicitar a autorización dunha única actuación, dun dos grupos incluídos no Catálogo +Música da provincia de Pontevedra, a desenvolverse entre o o 15 de abril e o 31 de decembro do 2025, dirixida ao público en xeral e de entrada libre.

As actuacións serán cofinanciadas entre a Deputación e os concellos do seguinte xeito:

A Deputación de Pontevedra aboará o 100% do caché do espectáculo do grupo ou artista, previa tramitación do expediente de contratación correspondente
O concello aboará a produción da actuación (equipos de son, luz, escenario e demais medios necesarios para o seu desenvolvemento)

prazo de presentación de solicitudes de actuacións por parte dos concellos interesados será desde o día 20 de febreiro ata o 5 de marzo de 2025, os dous incluídos.

https://www.depo.gal/-/mais-musica

Comments