
+ Xuventude na provincia de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra convcoca subvencións para poñer en marcha iniciativas colectivas xuvenís e proxectos realizados e ideados en grupo durante o ano 2025.
A convocatoria está dirixida a apoiar iniciativas, promovidas por persoas de entre 18 e 35 anos e asociacións xuvenís que desenvolvan proxectos que favorezan e promovan o desenvolvemento persoal e comunitario; contribúan ao apoderamento xuvenil, á formación en valores e á consecución de hábitos saudables; e enriquezan a vida social, económica, científica e cultural da provincia.
Serán destinatarias destas subvencións:
- As asociacións xuvenís prestadoras de servizos dirixidos á mocidade, sen ánimo de lucro, non sometidas a ningún réxime asociativo específico e con sede social ou cunha delegación na provincia de Pontevedra.
- Os grupos informais cun mínimo de tres e un máximo de oito persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos no momento de presentar a súa solicitude para esta convocatoria, aínda que carezan de personalidade xurídica ao non estar constituídas como asociación, e que propoñan un proxecto de interese xeral e social.
O 75 % das persoas que formen parte do grupo deberán estar empadroadas nalgún concello da provincia de Pontevedra e reunir o requisito de idade no momento de presentar a solicitude.
O importe máximo subvencionado por proxecto será de 5.000 euros.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2025
Máis información no BOP de Pontevedra do 7 de febreiro de 2025 e en https://www.depo.gal/es/-/plan-mais-xuventude
Comments