Pasar al contenido principal
Verán REAJ 2025: Intercambio cultural Alemania – España

Verán REAJ 2025: Intercambio cultural Alemania – España

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) e a Asociación Alemá de Albergues (Deutsche Jugendherbergswerk – DJH) organizan un intercambio cultural con xente nova de España e Alemaña no que o a cultura e a identidade son o eixo temático.

Trátase dun intercambio xuvenil no que 10 mozos/as de Alemaña convivirán con 10 mozos/as de España durante dúas semanas:

-Do 14 ao 21 de agosto en Alemaña (Mannheim e Dilberg-Neckarsgmünd)

-Do 24 ao 31 de agosto en España (Barcelona, Benicàssim e Valencia)

Durante o programa haberá sesións destinadas a debater e reflexionar sobre a cultura e a identidade. Así mesmo, haberá actividades lúdicas destinadas a fomentar o entendemento entre culturas a través da cooperación e o traballo en equipo. O aloxamento levará a cabo en albergues xuvenís da Rede.

REAJ e o Carné de Alberguista dan a oportunidade de participar a:

- Mozos de entre 18 e 26 anos de idade
- Con nivel de inglés suficiente para comunicarse
- Con vontade e curiosidade para coñecer outras culturas

O programa é GRATUÍTO, estando incluído tanto o aloxamento como a manutención e as actividades, xa que conta co financiamento da Unión Europea (Erasmus+).

Os participantes só terán que facerse cargo do transporte de ida e volta, aínda que este importe será reembolsado ao finalizar o Programa a condición de que o participante asistise a ambas as partes do Intercambio (Alemaña e España) e participado debidamente nas actividades. O importe máximo que pode ser reembolsado dependerá da distancia entre a súa cidade de residencia e Mannheim.

Prazo de inscrición: ata o 17 de marzo de 2025.

Máis información: REAJ_Intercambio

Comments