Pasar al contenido principal
Desafío "Atrévete coa mente"

Desafío "Atrévete coa mente"

O desafío organízase dentro das actividades relativas á celebración da Galiciencia 2025, promovida por Parque Tecnolóxico de Galicia.

Este ano a temática elixida para a celebración da Galiciencia é a Neurociencia e saúde mental, polo que os diferentes retos estarán relacionados coa dita temática, a súa repercusión a nivel social e avances e posible progresión.

O desafío constará de dúas fases:

1ª Fase non presencial: constará de tres retos a realizar a distancia que se remitirán a través da sección da web correspondente a cada un dos retos (sempre dentro do sitio https://atrevete.galiciencia.com/). Para poder superar esta primeira fase, é preciso participar na totalidade de retos. Non son excluíntes entre eles (non hai eliminados nin puntuacións mínimas para superalos), pero si é requisito indispensable participar nos tres retos iniciais dentro dos prazos marcados para cada reto.

2ª Fase presencial: constará dun reto final que terá lugar o xoves 15 de maio de 11:00h a 12:00h no Parque Tecnolóxico de Galicia (por concretar o lugar exacto) durante a celebración de Galiciencia, e na que participarán os tres grupos mellor valorados de cada categoría na anterior fase. Esta decisión tomarase en conxunto coa visión e puntuación dos tres retos. Os criterios de valoración indicaranse na información e instrucións relativas a cada reto. Para a fase presencial, disporase dunha axuda de 100 € para gastos de transporte, que se aboará a posteriori de acudir á fase final presencial do desafío científico de Galiciencia. Poderán beneficiarse desta axuda os centros educativos que non sexan de Ourense capital e concellos colindantes.

O desafío está aberto a todos os estudantes de entre 10 e 18 anos en tres categorías:
- Categoría A (4º, 5º e 6º de EP)
- Categoría B (1º, 2º e 3º da ESO)
- Categoría C (4º da ESO e Bacharelato)

Os estudantes participarán en grupos de máximo tres alumnos/as por grupo, intentando que sexa sempre mixto, e non existe a posibilidade de participar de xeito individual.

Todos os participantes que desexen tomar parte neste desafío deberán encher o formulario previo a resolver o primeiro reto. Posteriormente, reenviaráselles un e-mail dende o enderezo oficial do desafío (atrevete@galiciencia.com) coa xustificación de participación. O prazo para participar estará aberto ata o 15 de febreiro de 2025.
A resolución do reto 1 dentro do prazo establecido fai efectiva a inscrición no desafío. Recibiredes un correo confirmando a recepción do material e a inscrición.

Os grupos finalistas da primeira fase, e por tanto, participantes na fase final, recibirán un obsequio pola súa participación.
Os grupos gañadores do reto final recibirán un diploma e un premio.

https://atrevete.galiciencia.com/ 

Comments