
Correspondentes Xuvenís do IES Antonio Fraguas participan no Proxecto ACADIX
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela están a participar no proxecto ACADIX (Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero) que xorde coa idea de constituir unha experiencia enriquecedora, creativa e práctica, empregando recursos motivadores entre o alumnado de 4º ESO e 1º BACH.
O proxecto ACADIX supón unha oportunidade para levar á practica os aspectos transversais en actividades conxuntas entre o alumnado. Exemplos de actividades conxuntas: actualización do taboleiro de Correspondentes Xuvenís 3.0, realización de dinámicas de grupo e obradoiros de intelixencia emocional ou preparación e organización do MECO-Entroido 2025.
Parabéns!!
Comments