Pasar al contenido principal
 

En que se distingue dos demais? Pois en varias cousas. Por un lado na intensidade: cando unha persoa está namorada sente moitísimo amor, moitísima valoración, moitísima admiración e moitísimo de case todas as cualidades que reúne o amor. Por outro lado, aparecen cualidades que o distinguen de todo o demais: unha delas é a idealización; gústanos moitísimo a persoa, toda ela e todas as súas cousas. Parece que só ten cualidades das que nos gustan. Aparece en nós coma unha capacidade para "non ver" aquilo que non nos gusta tanto, ou mesmo para o "converter" en algo que nos gusta.