Pasar al contenido principal
 

Súmate ao bo trato!

Coas nosas amizades conversamos sobre cousas relevantes e atractivas, escoitamos e compartimos experiencias, damos e recibimos, temos puntos de vista distintos á par que comúns, podemos dicir polo tanto que crecemos xuntos.

A amizade pode producirnos grandes satisfaccións, alimentar a nosa estima persoal e darnos seguridade. Por iso é un valor ter unha rede social coa que poder contar! Todas as persoas desexamos sentirnos aceptadas e integradas nos espazos nos que nos movemos, non si?

Nalgunhas ocasións xorden conflitos porque partimos de puntos de vista distintos e a clave é como xestionamos esas situacións. Expresar como nos sentimos, pedir o que necesitamos, agradecer e desculparse, poñerse no lugar da outra persoa...poden ser algunha das habilidades que nos poden ser de axuda nesa xestión.

Poden darse situacións que a miudo comezan como unha burla ou broma, ás veces sin ser intencionada, pero pouco a pouco vanse convertindo en algo de todos os días, podendo mesmo derivar en situacións de acoso.

Como podemos evitar estas situacións? Que podemos facer se acontecen? Contacta con Quérote+ para ter respostas ás túas preguntas!

Trata ás demais persoas como queres que a ti te traten! Súmate ao bo trato!

Para que?

Para mozos e mozas. Algunhas intervencións irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.

Para que?

Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de promover que a mocidade solucione os seus conflitos dun modo positivo, ademais de que sexan os propios compañeiros os que medien á hora de resolver situacións de conflito.

Obxectivos específicos:

  • Potenciar o desenvolvemento de actitudes de asertividade e empatía, nos procesos de interacción persoal.
  • Fomentar á resiliencia á hora de resolver os conflitos que se poidan plantexar nas diferentes relacións interpersoais (amizades, escola, familia)
  • Fomentar o traballo cooperativo entre pais, nais, nenos e nenas, profesorado e profesionais da rede de Centros de Asesoramento para abordar situacións de violencia ou de acoso que se poidan detectar.
  • Dotar de ferramentas ao profesorado para traballar a xestión das emocións e a prevención dos conflitos.
  • Fomentar as relacións de apoio entre iguais.
  • Coñecer os distintos elementos que forman parte nos procesos comunicativos e relacionais, e como inflúen nos diferentes contextos comunicativos.

Como?

Un ara a consecución dos diferentes obxectivos, o 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:

Consultas

Fai xa uns meses que a un compañeiro de clase, sempre que saímos ao patio, insúltano e péganlle, el dime que non quere vir máis á escola, que ten medo, ¿Que lle podería dicir?

As veces tomámosnos certas situacións a broma e as deixamos pasar sen facer nada ao respecto, sen darnos conta de canto lle pode estar a afectar a unha persoa. Cando estas situacións se prolongan no tempo poden chegar a convertirse en feitos que poden ter efectos moi negativos.

Ante estas situacións nas que alguén sofre agresións verbais e físicas a diario, unha forma de actuar podería ser falar cos pais e/ou co profesorado do centro educativo.

Se non sabemos como facelo, a Rede de Centros de Asesoramento pode ser un lugar onde asesorase. Podes ou podedes poñervos en contacto connosco para falar deste situación que vos está a preocupar.

Son profesora nun centro de ensino de secundaria, ¿como podo traballar na aula para mellorar a convivencia e as relacións positivas entre o alumnado?

Unha das maneiras podería ser programar actividades grupais que fomenten a adquisición de habilidades para lograr:

Relaciónate !
  • Unha autoestima forte, seguridade nun mesmo, coñecer as porpias capacidades e limitacións, o que lles levará a actuar en consecuencia.
  • A expresión das emocións, os medos, a defensa dos “dereitos” pese á presión do grupo, o respecto aos demáis, a asertividade e a autonomía.
  • A sociabilidade, e que, en definitiva, non se necesite danar nin agredir a outros para conseguir os propios obxectivos, e defenderse das agresións e presións externas, acudindo sen medos ás figuras de referencia (familiares, profesorado, etc.) cando se vexa necesario.

Campañas

Cultivando as Relacións:

- Cartaz

- Folleto

Teñamos un bo trato, fagamos un trato bo

- Folleto

Documentación

Referentes estratéxicos

- Internacional

- Europeo

  • Visionary. Proxecto europeo de cooperación centrado na prevención do bullying e a violencia nas escolas, dirixido a profesores, alumnos, pais e nais, expertos e calquera persoa interesada nesta problemática

- Estatal

  • Visionary. Proxecto europeo de cooperación centrado na prevención do bullying e a violencia nas escolas, dirixido a profesores, alumnos, pais e nais, expertos e calquera persoa interesada nesta problemática

- Autonómico

Estudos

- Estatal

  • O Estado da Cuestión no estudo da violencia de xénero
  • Mulleres en cifras
  • Observatorios mulleres

Normativa

- Estatal

- Autonómico

Boas prácticas

- Estatal

  • rotocolo de actuación fronte ao maltrato infantil
  • Ciberacoso
  • Guía sobre gromin e ciberbullying

- Autonómico

  • Guía de recursos do sistema de protección de menores
  • Protocolo Xeral de Prevención, Detección e tratamento do acoso eescolar e ciberacoso. PROTOCOLO XERAL