Pasar al contenido principal

Convocatoria Prazas Grupo C1 Xunta de Galica

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1

Prazas: 

 O obxecto do proceso selectivo será cubrir setenta e catro (74) prazas do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia (subgrupo C1), correspondentes á oferta de emprego público do exercicio de 2024, á cal se acumulan as provenientes da oferta de 2022, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio de 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro): cincuenta (50) prazas, das cales seis (6) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2024, aprobada polo Decreto 198/2024, do 27 de decembro (DOG núm. 251, do 31 de decembro): vinte e catro (24) prazas, das cales dúas (2) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

O sistema selectivo será o de oposición.

Titulación requerida: Titulaci estar en posesión ou en condicións de obter o título de bacharel ou técnico. 

 

. Prazo presentación solicitudes: O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Máis información e convocatoria: DOG 24/11/2025

Comments