Pasar al contenido principal

Convocatoria prazas oposición Grupo C2 Xunta De Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Prazas: O obxecto do proceso selectivo será cubrir oitenta e tres (83) prazas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), correspondentes a oferta de emprego público do exercicio 2024, a que se acumulan as provenientes da oferta de 2022, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro): cincuenta (50) prazas, das cales oito (8) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2024, aprobada polo Decreto 198/2024, do 27 de decembro (DOG núm. 251, do 31 de decembro): trinta e tres (33) prazas, das cales tres (3) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

O sistema selectivo será o de oposición.

Titulación requerida: estar en posesión ou en condicións de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Prazo solicitudes: O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Máis información e convocatoria: DOG 24/11/2026

Comments