Mensajes ganadores de Lingua de Namorar 2026
El jurado del concurso Lingua de namorar 2026 se reunió el pasado 1 de abril para elegir las mensajes ganadores de las categorías A y B, de entre aquellos mensajes que resultaron más votados por el público. Son los siguientes:
MENSAJES GANADORES DE LA CATEGORÍA A DE LINGUA DE NAMORAR 2026
Mensaxe gañadora do 1º premio da categoría A
Ana Jorquera Domínguez (Santiago de Compostela, A Coruña)
Amor de-lirio
Escapábasenos o amor entre os intersticios das xanelas
dos poros da nosa pel
(unha pel)
e nós retíamolo
apreixados.
Adeus, quixen dicir
mais non dixen.
Fuxiches en silencio
(co ruído dun motor e do meu pranto)
e agora dormes.
O amor escapa e busca o teu refuxio
no que un lirio coroa
o teu voar.
Mensaxe gañadora do 2º premio da categoría A
Lía Bernárdez Santiso (Mondariz, Pontevedra)
Namorar?
Namorar
é sentir que che rompen o peito
e te atravesan cun florete,
e atopar calor nas verbas
do inimigo que o sostén,
mentres os teus ollos
deixan de ver a luz do día
e só quedan os del,
á vez inimigo,
amigo e confidente.
Mensaxe gañadora do 3º premio da categoría A
Elena García González (Vigo, Pontevedra)
G-A-L-E-G-O
Gozo de coñecer a terra, no lecer da súa lingua;
amo o mar e as ledicias das agarimosas verbas,
liberdade dos sentimentos do meu ser.
Érgome nova nunha das mil primaveras.
Galega viaxo no meu soño de bolboreta e
o sol aloumiña as miñas ás de pedra.
MENSAJES GANADORES DE LA CATEGORÍA B DE LINGUA DE NAMORAR 2026
Mensaxe gañadora do 1º premio da categoría B
Paula Bonifasi Rodríguez (Vigo, Pontevedra)
Lela
Lémbrome de merendar pan con chocolate na túa casa,
onde o tempo non corría e a vida non fracasa.
E hoxe, que o mundo vai á présa e tan alleo,
síntome meniña cando asubías Lela dende o ceo.
Mensaxe gañadora do 2º premio da categoría B
Jessica Ortigueira Iglesias (Mos, Pontevedra)
Amor velado
Abro os ollos ao espertar,
québrase o silencio e faise a luz.
Da nada,
o mar,
o sal.
Arde en min o sol,
a calor do teu carón.
Noto o cariño da area
esvarando polas miñas costas,
o paseo dos teus dedos
debuxando na miña pel.
A pausa.
O folgo dun “quérote” acalado
e o romper das ondas.
“E eu a ti”.
Mensaxe gañadora do 3º premio da categoría B
Lara Romero Carrera (Vimianzo, A Coruña)
Horizontes na pel da noite
Amarte é pronunciar o teu nome como quen invoca un lume segredo, é debuxar horizontes na pel da
noite e beber da túa risa coma quen bebe luz. No latexo compartido medra unha patria sen fronteiras,
fértil e indómita. E se o mundo calase, non sería dabondo que nos quixésemos ata que o tempo se
rendese?
MENSAJE GANADOR DE LA CATEGORÍA C DE LINGUA DE NAMORAR 2026
Iria Méndez Mosquera (Pontevedra)
@pizzeiria
#365Noites
Tras esta volta ao sol, tras estas catro estacións,
Ti segues a ser a estrela que me acompañou en cada fase;
Así, até que os meus soños, na idade de murchar, completen tamén o ciclo dos tulipáns.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e pola
Secretaría Xeral da Lingua, é dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións
persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.




Comments