Pasar al contenido principal
Campas 360

2ª edición de Campas 360

A Xunta de Galicia pon en marcha a segunda edición de Campas 360, o programa de educación non formal dirixido á mocidade galega baixo o formato de factorías de innovación, que ten como finalidade ofrecer actividades formativas e de lecer en fins de semana dos meses de abril e maio de 2026.

O programa está dirixido a mozas e mozos empadroados en Galicia que teñan entre 12 e 17 anos no momento de presentar a solicitude.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.

As actividades comezarán a partir do 10 de abril.

Ofértanse 280 prazas en 9 quendas de 20/40 persoas cada unha, nos 4 programas que conforman a actividade que se realizarán en 6 instalacións diferentes.

Máis información

Comments